Hoxe tivemos un día moi doce, porque estaban de cumpre dous compañeiros: Nerea Castro e Isidro, imaxinade como nos puxemos con estas riquíiiisimas tortas!
cantámoslles o cumpreanos feliz!
Sopramos as velas.
Empezamos a repartir
Gracias aos dous por compartir con nos o voso cumpreanos. Parabéns !!!!
Este luns coñecemos a Marcos Calveiro, foi un encontro moi interesante, aprendemos moitas cousas sobre o coidado do medio, que é o tema fundamental do libro. Pero tamén nos falou da pobreza infantil, do milleiro de nenos que viven nos vertedoiros, loitando por sobrevivir "cos leiróns", que non son outros que nenos que loitan polo mesmo. Soubemos que lle puxo de título "unha casiña branca" polo moito que lle gusta a canción do "Alalá das mariñas" que fala dunha casiña branca.
Unhas fotos para recordalo e de agasallo o Alalá das Mariñas
A choiva dounos un respiro para ir ao Centro Sociocultural
Este luns iremos ao Centro Sociocultural Casas Novoa para coñecer a Marcos Calveiro autor do libro que estamos lendo "unha casiña branca". Gustounos moito o libro, a medida que avanzabamos na lectura imaximabamos os personaxes e dibuxabamolos, tamén inventamos outro final e fixemos o resumo. Estes son algúns dos traballos.