jueves, 5 de febrero de 2015

Mandados do Meco


MANDADOS DO MECO

Dende o 9 ao 13 de febreiro
temos a semana do Antroido no Ceip de Sigüeiro.
O noso Meco fai saber
a todos @s nen@s as cousas que deben traer.

O luns
Sombreiro, gorro, peluca ou pano
que é o máis  "fashion" este ano.

O martes
Pinta un bigote de cor
para parecer un domador

O mércores
Un zapato e un calcetín de cada cor
para pasalo mellor.

O xoves
Pon unas luvas con agarimo
para ser un mimo.

Ou se o queres mellorar
un disfrace libre trarerás

O venres
Magos, pallasos, domadores, mimos, feras e personaxes do circo darémonos cita na gran festa do circo do Ceip de Sigüeiro.

A disfrutar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario