O venres 18 veu a visitarnos Xelis de Toro, autor dos libros que lemos en terceiro e cuarto: O Trompetista e a Lúa e o Gato fantasma.
Xelis contounos en que se inspirou para escribir este libro e quen era Evaristo, o xeadeiro de Santiago.
Tocou a trompeta.
Aprendemos a escoitar o son do noso corazón que é unha das cousas máis importantes si queremos facer música
Viaxamos con el e con Evaristo por: Terranova, o lago Tanganica,...
Por último Xelis adicounos o libro.
Grazas Xelis, esperamos a túa próxima visita!
Bo Nadal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario